Boi

buey Crustáceo de gran tamaño, da familia dos cangrexos é considerado todo un manxar. Un só exemplar pode chegar ata os 5 Kilos de peso.

 

 

Centola

centolla De caparazón groso e redondeado coas súas características protuberancias, a centola (ou centolo) vive en fondos areosos. As súas posibilidades gastronómicas non teñen límites.

 

 

Necora

nécoraA nécora é un molusco que tradicionalmente cultivase en Galicia en bateas.A preparación máis habitual é ó vapor en cazola con auga de mar e laurel, ainda que hai moitos tipos de preparación

 

 

Besugo

besugo O besugo é un peixe moi apreciado, de carne branca e delicada, moi cotizado no mercado e fácil de diferenciar dotras especies parecidas por unha mancha negra que aparece na parte superior das aletas torácicas.

 

Bonito do norte

bonitodelnorte O bonito, que pertence á familia dos túnidos, é un dos peixes máis sabrosos da época estival, pero non todalas súas variedades gozan da mesma riqueza nutritiva.A especie máis apreciada por comensais e gastrónomos é o bonito do norte.

 

Cabraroca

cabrarocaA cabraroca,tamén coñecida con outros nomes como peixe escorpión, rascacio colorado ou cabracho. Este peixe de roca, posúe unha carne semigrasa moi apreciada debido ó seu sabor e textura. Aliméntase de crustáceos, moluscos e outros peixes.